viernes, 13 de junio de 2014

Ceo da semana do 9 ao 13 de xuño de 2014

Esta é a última semana que imos poñer fotos. A semana que ven é a última do curso, e imos a estar moi atarefadas con celebracións de fin de curso.
A semana foi soleada e de calor. Ojalá chegue o verán.
Podedes ver todas as fotos facendo click AQUÍ


viernes, 6 de junio de 2014

Ceo da seman do 2 ao 6 de xuño de 2014

Esta semana seguimos tendo ceos algo anubrados. Parece que o sol non quere chegar. Podedes ver todas as fotos do noso ceo facendo click AQUI


martes, 3 de junio de 2014

Weather and clothes

Alba e Lucía, as alumnas de G.E: de 1º da ESO, ademais de estar facendo un traballo marabilloso dende principio de curso fotografiando cada día o ceo fonsagradino e comparandoo coa predicción do mapa que poñen os seus compañeiros, fixeron un mural presentación sobre que roupa poñerse dependendo do tempo que faga. E ademais atrevéronse a facelo en inglés,castelán e galego. Da gusto con alumnas tan aplicadas. Aquí están as fotos do seu traballo.






viernes, 30 de mayo de 2014

Semana do 26 ao 30 de maio de 2014

Esta semana tivemos de novo néboas e nubes. Parece que non da chegado o verán, pero cada vez está mais preto.
Deixamos aquí algunha das fotos da semana e o resto, coma sempre, podedes velas facendo click AQUI



Vídeo con refranoloxía

Os alumnos de 3ºPDC fixeron está presentación con refrán relacionados coa meteoroloxía e fotos do concello

miércoles, 28 de mayo de 2014

Prácticas de laboratorio making off

Os alumnos de 4º da ESO simularon a través dun experimento no laboratorio de Química cómo se forman unha  nube mediante o cambio de presión.
O experimento é sinxelo pero axuda a comprender perfectamente cal é o proceso de formación de dita nube.
 Aqui mostramos o vídeo do proceso de formación de nubes en laboratorio.



 Enriba podedes ver unha práctica que demostra o que lle ocorre a unha lata cando está sometida a unha diferenza de presión. A explicación poderedes coñecela nuns días



Difusión das prácticas de laboratorio entre os compañeiros

As alumnas de 4ºESO expoñen as súas prácticas ante os seus compañeiros de 1º bacharelato. Chegamos á conclusión de que necesitamos mellorar a técnica de introducir a lata na auga, dada a dificultade que o manexo das pinzas supuxo. Sen embargo, o fundamento da práctica quedou ben claro, posto que todos entenderon ben como inflúe a diferenza de presión sobre os corpos.






E  ademais disfrutaron moito coa experiencia.