martes, 30 de abril de 2013

A banda deseñada e o Clima

Fran, o profe de Bioloxía e de Ciencias Naturais pediulles ós alumnos e alumnas de 1º da E.S.O. que fixeran unha banda deseñada tratando o tema da formación do  mundo e o cambio climático.
Todos estaban encantados coa idea e foron moi imaxinativos e creativos tanto co guión coma cos debuxos.
E como vale mais velo que contalo, aquí tedes duas mostras desas bandas deseñadas.








lunes, 29 de abril de 2013

Alba e o ceo

Nunha entrada anterior do bloge xa falaramos de Alba. Como xa sabedes, Alba axudada por Irene, unha alumna de 4º da E.S.O. cada mañá dende a ventá da clase de Irene fan unha foto do estado do ceo.
A verdade é que as fotos son espectaculares e veredes pronto o resultado de todas elas xuntas.
E para ir abrindo boca, aquí tedes unha foto de hoxe, 29 de abril, no que aínda se pode apreciar restos da nevada desta fin de semana. A que é unha auténtica marabilla?



domingo, 28 de abril de 2013

A caseta metereolóxica

Todos os días a primeira hora da mañá os alumnos e as alumnas do centro,segundo sexa o seu turno, achéganse á caseta metereolóxica para tomar os datos do día. Non se lles esquece nin un só e xa teñen a rutina de recollida de datos adquirida e ademais disfrutan coa actividade,a pesar das inclemencias do tempo que levamos sufrido durante todo o curso.
Nestas fotos están os alumnos e alumnas de 3ºda E.S.O. facendo esa recollida de datos.



lunes, 8 de abril de 2013

Un ceo moi especial

No Instituto temos unha alumna moi especial. Chámase Alba e cada mañá fai dende a clase de 4º da ESO unha foto do estado do ceo.
Non falta nin un só día e se algún día se despista, aí está Irene, a nosa alumna de 4º da ESO que fai de "madriña" de Alba nesta actividade. Veredes que fotos tan marabillosas quedan e o bonito deste proxecto, que non é só o resultado final, senon cómo foi feito e por quén foi feito.
Estamos moi orgullosos delas.

Estación metereolóxica

Este curso estreamos estación metereolóxica. CAda día a primeira hora imos comprobando as medicións e anotamos as precipitacións e demais.
O problema mais grande ben sempre coas nevadas,e este ano levamos unhas cuantas. Ahí temos dobre problema. Por un lado que temos que esperar a que se derreta a neve e por outro que senon hai clase ese día non podemos medir.
Así e todo seguimos con moito entusiasmo traballando día a día.

Sonda

Fai unhas semanas Gloria,a profesora de Xeografía e Historia encontrou unha sonda metereolóxica colgando dun piñeiro.
Despois dun difícil rescate, temos a sonda no Instituti Fontem Albei e estamos tentando saber a sua procedencia.
Deixamos unha foto dela aquí para que poidades ver cómo é e se sabedes quen a perdeu non dubidedes en poñervos en contacto con nós.


viernes, 5 de abril de 2013

Estamos de estrea!

Bo día! Queremos darvos a tod@s a benvida ó blogue metereolóxico do Fontem Albei.
Aquí iremos contando novidades reseñables das  nosas andainas metereolóxicas.
Seguiremos informando.Mantédevos alerta!