viernes, 31 de enero de 2014

Día da Paz

 Os alumnos do IES Fontem Albei fixeron esta orixinal land art para conmemorar o Día Mundial da Paz. nas clases de Educación Plástica e aproveitando algún tempo de lecer. 
Como podedes ver o motivo "a neve", está estreitamente relacionado coa meteoroloxía na vila, posto que está presente case todo inverno. Podedes ver todas as fotos facendo click AQUI


Ceo da semana do 27 ao 31 de xaneiro de 2014

Esta semana si que foi boa. As prediccións de neve foron mais que acertadas. Tanto, que o mércores 29 os transportes non puideron pasar e quedamos sen ir a clase.
Tamén grazas á neve puidemos conmemorar, cunha pegada pacifista, o Día da Paz e a non violencia.
Podedes ver todas as fotos da semana facendo click AQUI



Refráns en inglés

Aproveitando que somos un centro plurilingüe no panel da predicción do tempo poñemos refráns en inglés relacionados co tempo, un para cada semana. Este foi o que tocou esta semana.

viernes, 24 de enero de 2014

ceo da semana do 20 de xaneiro ao 24 de xaneiro de 2014

Esta semana as prediccións foron boas, e o tempo que fixo regular. Normal,estando ainda en inverno. Aquí tedes as fotos da semana. Podedes vela todas facendo click AQUI




viernes, 17 de enero de 2014

Fotos do ceo da semana do 13 ao 17 de xaneiro de 2014

Esta semana tivemos un pouco de todo: frio, néboa, auganeve e ata un pouco de sol. Deixámosvos as fotos desta semana. Esperemos que vos gusten. Coma sempre podedes ver todas as fotos facendo click AQUÍ       




viernes, 10 de enero de 2014

De volta no 2014

Xa estamos de novo aquí. empezando ano, o 2014, que seguro nos deixa situacións metereolóxicas interesantes.
De momento nós seguimos co noso proxecto de fotografiar o ceo e o mapa de prediccións. Esta semana de reincorporación foi curta, así que só temos dous días de fotos. As prediccións de neve do día 9 para o día 10 podemos dicir xa que non se cumpliron. Veremos o que pasa a próxima semana.
Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ