jueves, 25 de junio de 2015

Presentación "As nubes"




Os alumnos de PDC de 3º aprenderon  a interpretar no ceo o tipo de formación nubosa que se presentaba a diario. Unha aprendizaxe que desembocou no traballo visual "As nubes", onde se mostran os diferentes tipos de formacións observados nos ceos da Fonsagrada e comarca; o mérito desta actividade é que as fotografías que se ven na presentación foron tomadas polos propios alumnos ó longo de todo o ano


https://docs.google.com/presentation/d/1xWLAufCXNx89U7KpLCpFP_mxD22K5SVO1owUF52JxDc/edit?usp=sharing

martes, 23 de junio de 2015

" O NOSO DE LIBRO DE CURIOSIDADES METEOROLÓXICAS II"
Este foi o resultado da investigación dos alumnos de 4ªESO PDC", como continuación do traballo realizado o ano anterior.






viernes, 13 de junio de 2014

Ceo da semana do 9 ao 13 de xuño de 2014

Esta é a última semana que imos poñer fotos. A semana que ven é a última do curso, e imos a estar moi atarefadas con celebracións de fin de curso.
A semana foi soleada e de calor. Ojalá chegue o verán.
Podedes ver todas as fotos facendo click AQUÍ


viernes, 6 de junio de 2014

Ceo da seman do 2 ao 6 de xuño de 2014

Esta semana seguimos tendo ceos algo anubrados. Parece que o sol non quere chegar. Podedes ver todas as fotos do noso ceo facendo click AQUI


martes, 3 de junio de 2014

Weather and clothes

Alba e Lucía, as alumnas de G.E: de 1º da ESO, ademais de estar facendo un traballo marabilloso dende principio de curso fotografiando cada día o ceo fonsagradino e comparandoo coa predicción do mapa que poñen os seus compañeiros, fixeron un mural presentación sobre que roupa poñerse dependendo do tempo que faga. E ademais atrevéronse a facelo en inglés,castelán e galego. Da gusto con alumnas tan aplicadas. Aquí están as fotos do seu traballo.






viernes, 30 de mayo de 2014

Semana do 26 ao 30 de maio de 2014

Esta semana tivemos de novo néboas e nubes. Parece que non da chegado o verán, pero cada vez está mais preto.
Deixamos aquí algunha das fotos da semana e o resto, coma sempre, podedes velas facendo click AQUI