Xa estamos de novo aquí. empezando ano, o 2014, que seguro nos deixa situacións metereolóxicas interesantes.
De momento nós seguimos co noso proxecto de fotografiar o ceo e o mapa de prediccións. Esta semana de reincorporación foi curta, así que só temos dous días de fotos. As prediccións de neve do día 9 para o día 10 podemos dicir xa que non se cumpliron. Veremos o que pasa a próxima semana.
Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ
viernes, 10 de enero de 2014
viernes, 20 de diciembre de 2013
O globo de Betanzos na Fonsagrada
Os alumnos da ESO, baixo a supervisión da profesora de Educación Plástica, construíron e decoraron un globo aerostático seguindo as
directrices de Jesús Ares, profesor de Xeografía e
Historia, que coñecía ben do tema por estar involucrado na
fabricación do globo de Betanzos por motivos familiares.
Na fabricación do
globo participaron case a totalidade dos alumnos da ESO, os cales se
dirixían voluntariamente cara á aula de Educación Plásticas nas
horas de recreo ou cando tiñan algún momento libre. Paga a pena
dicir que o alumnado mostrou un grande interese pola tarefa, que
aínda que lles levou uns meses terminala, foi rematada con éxito. E por fin chegou o día de facer voar o globo. Foi un momento moi emocionante, e ademais puidemos recuperalo.
Se queredes ver todas as fotos podedes facer click AQUI
Se queredes ver todas as fotos podedes facer click AQUI
Felicitación de Nadal
Na asignaura de Ed. Plástica e Visual os alumnos atrevéronse a facer unha felicitación de Nadal en stop motion. E como non podía ser doutro xeito, a neve, fenómeno climatolóxico moi presente no inverno fonsagradino, é o fío conductor desta orixinal felicitación navideña.
Botádelle unha ollada e...Bo Nadal!
Botádelle unha ollada e...Bo Nadal!
O globo de Betanzos. Construcción dun globo aerostático.
PROCESO DE CONSTRUCIÓN DO GLOBO
1. Comezamos copiando e cortando os oito cuarteiróns que conforman o globo no papel kraft.
2. O seguinte paso foi a decoración de cada un destes cuarteiróns de papel con rotuladores e ceras de cores.
3. Uníronse os cuarteiróns con cinta de carroceiro e construíuse o aro que forma a boca do globo con vimbio unido tamén con cinta de carroceiro. A cesta onde se produce a combustión do papel que quenta o aire elaborouse con rede metálica e uniuse ao aro da boca con arame metálico.
Ceo da semana do 16 ao 20 de decembro
Esta semana por problemas técnicos coa cámara de fotos quedounos algún día sen poder fotografiar,pero ainda así puidemos comprobar que as prediccións de Meteofonsa estanse cumprindo. Podedes ver o resto ds fotos facendo click AQUI
viernes, 13 de diciembre de 2013
O ceo da semana do 9 ao 13 de decembro
A segunda semana de decembro deixounos días soleados no principio da semana e mais cubertos cara ó final. As prediccións do mapa foron bastante acertadas. Podedes ver todas as fotos facendo click AQUI
jueves, 5 de diciembre de 2013
Meteofotos e predicción metereolóxica
Este curso imos intentatr facer unha predicción do tempo, ainda que as veces nos leven as ansias de neve e non sexa de todo fiable.
COlocamos uns mapas de A Fonsagrada nun taboleiro á entrada do Instituto e neles cada día poñemos as nosas prediccións baseadas nas medicións da estación metereolóxica.
Para apoiar estas prediccións as duas alumnas moi especiais de 1º da ESO van facendo unha foto cada dñía do cestado do ceo e das prediccións dos mapas.
Aqui tedes as da primeira semana.Para velas facede click AQUI
COlocamos uns mapas de A Fonsagrada nun taboleiro á entrada do Instituto e neles cada día poñemos as nosas prediccións baseadas nas medicións da estación metereolóxica.
Para apoiar estas prediccións as duas alumnas moi especiais de 1º da ESO van facendo unha foto cada dñía do cestado do ceo e das prediccións dos mapas.
Aqui tedes as da primeira semana.Para velas facede click AQUI
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









